Translate

martes, 31 de julio de 2012

Os nosos xabóns


 
Os nosos xabóns:

Aínda que temos unha ampla variedade de xabróns naturais, todos eles feitos cos mellores ingredientes e o cuidado e agarimo da mellor tradición artesán, expoñemos aquí unha selección de aqueles que teñen propiedades medicinais ou están indicados para determinados tipos de pel, así como os que son máis apropiados para diversas afeccións cutáneas.

Xabón de caléndula e camomila:

Este xabón presenta unha calibrada combinación dunha suave base grasa, que o fai apto para todo tipo de peles, incluíndo as máis delicadas, con aceites de améndoa e palmiste,  que fan del un excelente hidratante aportándolle á pel nutrintes esenciais, e o aceite de caléndula contribúe a súa rexeneración, poidendo ser utilizado en peles moi sensibéis ou con problemas.
A caléndula é un coñecido antiinflamatorio, tendo ademais propiedades antibacterianas e antifúnxicas, dando moi bos resultados nos casos de abscesos e furúnculos, e no tratamento de peles con irritacións cutáneas, ulceracións e dermatite, propiedades aumentadas pola acción da camomila, comunmente empregada para tratar chagas, feridas, gretas nos pezóns e eccemas.

Xabón de ortiga e romero:

A combinación de aceites naturais na base do xabón o fan apto para todo tipo de peles, e a súa suavidade e acción nutritiva combínanse coas múltiples propiedades da ortiga no tratamento da psoríase, eccemas, descamacións da pel e outras enfermedades irritativas, así como en caso de caspa ou coiro cabeludo irritábel ou sensíbel.


Grazas as múltiples propiedades do romero combina a acción antiséptica coa cicatrizante, polo que resulta idóneo para lavar feridas.
Empregado no lavado do cabelo estimula o seu crecemento, sendo moi apropiado en casos de alopecia e dermatite seborreica.



Xabón de mel e améndoa:

Este xabón presenta unha suave basa grasa resultado da combinación de distintos aceites que o fan adecuado para todo tipo de peles, e presenta  propiedades suavizantes, hidratantes e rexeneradoras grazas ao mel e ao aceite de améndoas doces.












Xabón de aloe vera:

Ao igual cos demáis, este xabón ten unha suave grasa que o fai apto para todo tipo de peles, á que se lle engaden as propiedades do aloe vera, amplamente recoñecidas.
Ten propiedades cicatrizantes e  antiinflamatorias, potenciadas pola súa capacidade penetrativa, xa que chega ás tres capas que compoñen a pel, axudando a expulsar impurezas e localizacións grasas, e estimulando a rexeneración celular grazas aos seus nutrintes naturais, vitaminas e minerais.
Utilizado con regularidade axuda a evitar as enrrugas prematuras e retrasa as propias da idade, contribuíndo ademáis a desaparición de manchas na pel.





Xabón de avea e améndoa:

A base deste xabón está composta por distintos aceites e grasas entre a que destacamos o de améndoa, dando como resultado un xabón moi suave e hidratante, apto para todo tipo de peles, incluso a máis delicadas. A avea aumenta estas cualidades, ás que engade a contribución á rexeneración da pel e aumenta o efecto limpador grazas as súas propiedades astrinxentes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario