Translate

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Boas!!! xa temos aquí os Packs de Nadal.


 Se presentan en formato sinxelo en bolsa de papel, como na fotografía, pero tamén facemos cestas e caixas.  

    Temos distintos packs preparados, pero xa sabedes que podemos facelos tamén a medida das vosas necesidades e os vosos gustos, simplemente poñédevos en contacto connosco e nos especificades cales son os produtos que preferides que compoñan o voso regalo especial de nadal.
    Imosvos adiantando algúns, en breve subimos as fotos, prometido!!

    Pack de Caléndula e Laranxa:

Pequeno: 1 xabón de caléndula e camomila
               1 crema de caléndula
               1 bálsamo labial
               1 bote aceite de caléndula
Grande:   1 xabón de caléndula e camomila
               1 xabón de laranxa e canela
               1 crema de caléndula
               1 bálsamo labial
               1 bote aceite de caléndula
               1 desodorante cítrico

    Pack Especial para Homes:

Pequeno: 1 xabón de afeitado
               1 xabón de cedro e sándalo
               1 desodorante de madeira
Grande:   1 xabón de afeitado
               1 xabón de cedro e sándalo
               1 loción para despois do afeitado con aloe vera
               1 desodorante de madeira
               1 brocha de afeitar


    Pack de Lavanda e Rosas:

Pequeno: 1 xabón de tocador de lavanda ou de rosas
               1 bote de crema hidratante de lavanda e rosas
               1 bote de aceite de lavanda 
Grande:   1 xabón de tocador de lavanda
               1 xabón de tocador de rosas
               1 crema hidratante de lavanda e rosas
               1 bálsamo labial
               1 bote de aceite de lavanda



miércoles, 17 de octubre de 2012

  Cuidado da pel para él:

 Xabón de afeitado: este xabón está especialmente indicado para o afeitado, xa que combina a espuma e cremosidade do aceite de ricino coa suavidade que lle aportan as améndoas doces, deixando a pel suave e hidratada despois da agresión que supón o afeitado.

 Loción para despois do afeitado con Aloe Vera, moi axeitado para tonificar e hidratar a pel despois do afeitado.
Xabóns afrodisíacos.

Estes xabóns, cunha suave base composta de distintos aceites, resultan especialmente emolientes e hidratantes. A súa fórmula especial combina ingredientes altamente afrodisíacos que te darán unhas experiencias inolvidábeis...
O xabón de vainilla e chocolate darache un potencial erótico que te acompañará todo o día...












E o de canela e laranxa é especialmente irrestíbel para as mulleres...
Xabóns de tocador:

   Estes xabóns, de agradable fragancia, son aptos para todo tipo de peles, ás que aportan gran suavidade e  nutrición.
    En Toxos e Frores dispoñemos de xabóns de tocador de rosas, lavanda, e laranxa e menta.


   Os nosos aceites:

   Aceite de caléndula: este aceite, de producción ecolóxica, aporta numerosas propiedades,  axuda a rexenerar os tecidos tanto por cicatrices como por queimaduras, axuida a eliminar as manchas do pel,  é moi hidratante e suave, polo que é adecuado para as peles máis sensibéis, como a dos bebés.

   Aceite de romero: aceite especial para maxases, mellora a circulación sanguínea e ten propiedades antiinflamatorias.

  Aceite de lavanda: é un aceite moi nutritivo cuia aplicación aporta propiedades relaxantes que influíndo positivamente no estado de ánimo e axudando a conciliar o sono.
  
   Aceite de aloe vera: é un aceite moi hidratante, con propiedades rexeneradores, sendo especialmente indicado para peles con estrías ou cicatrices.


    Os nosos champús:

     Champú natural de azahar e camomila: este champú está especialmente indicado para cabelo loiro. A súa fórmula combina limpeza e suavidade co aporte nutritivo do azahar.

     Champú natural de ortiga e romero: champú exclusivo para cabelos escuros e graxos, sendo moi eficaz na eliminación da caspa.

      Champú natural de romero e limón: este champú é apto para todo tipo de cabelos, a súa fórmula aporta limpeza, suavidade e nutrición e unha  agradable sensación de frescor.

martes, 31 de julio de 2012

Os nosos xabóns


 
Os nosos xabóns:

Aínda que temos unha ampla variedade de xabróns naturais, todos eles feitos cos mellores ingredientes e o cuidado e agarimo da mellor tradición artesán, expoñemos aquí unha selección de aqueles que teñen propiedades medicinais ou están indicados para determinados tipos de pel, así como os que son máis apropiados para diversas afeccións cutáneas.

Xabón de caléndula e camomila:

Este xabón presenta unha calibrada combinación dunha suave base grasa, que o fai apto para todo tipo de peles, incluíndo as máis delicadas, con aceites de améndoa e palmiste,  que fan del un excelente hidratante aportándolle á pel nutrintes esenciais, e o aceite de caléndula contribúe a súa rexeneración, poidendo ser utilizado en peles moi sensibéis ou con problemas.
A caléndula é un coñecido antiinflamatorio, tendo ademais propiedades antibacterianas e antifúnxicas, dando moi bos resultados nos casos de abscesos e furúnculos, e no tratamento de peles con irritacións cutáneas, ulceracións e dermatite, propiedades aumentadas pola acción da camomila, comunmente empregada para tratar chagas, feridas, gretas nos pezóns e eccemas.

Xabón de ortiga e romero:

A combinación de aceites naturais na base do xabón o fan apto para todo tipo de peles, e a súa suavidade e acción nutritiva combínanse coas múltiples propiedades da ortiga no tratamento da psoríase, eccemas, descamacións da pel e outras enfermedades irritativas, así como en caso de caspa ou coiro cabeludo irritábel ou sensíbel.


Grazas as múltiples propiedades do romero combina a acción antiséptica coa cicatrizante, polo que resulta idóneo para lavar feridas.
Empregado no lavado do cabelo estimula o seu crecemento, sendo moi apropiado en casos de alopecia e dermatite seborreica.



Xabón de mel e améndoa:

Este xabón presenta unha suave basa grasa resultado da combinación de distintos aceites que o fan adecuado para todo tipo de peles, e presenta  propiedades suavizantes, hidratantes e rexeneradoras grazas ao mel e ao aceite de améndoas doces.












Xabón de aloe vera:

Ao igual cos demáis, este xabón ten unha suave grasa que o fai apto para todo tipo de peles, á que se lle engaden as propiedades do aloe vera, amplamente recoñecidas.
Ten propiedades cicatrizantes e  antiinflamatorias, potenciadas pola súa capacidade penetrativa, xa que chega ás tres capas que compoñen a pel, axudando a expulsar impurezas e localizacións grasas, e estimulando a rexeneración celular grazas aos seus nutrintes naturais, vitaminas e minerais.
Utilizado con regularidade axuda a evitar as enrrugas prematuras e retrasa as propias da idade, contribuíndo ademáis a desaparición de manchas na pel.





Xabón de avea e améndoa:

A base deste xabón está composta por distintos aceites e grasas entre a que destacamos o de améndoa, dando como resultado un xabón moi suave e hidratante, apto para todo tipo de peles, incluso a máis delicadas. A avea aumenta estas cualidades, ás que engade a contribución á rexeneración da pel e aumenta o efecto limpador grazas as súas propiedades astrinxentes.